María Vázquez Guisán presenta na Biblioteca Ágora "Diario de una poeta muerta". Achégate e descubre a súa voz poética nun encontro único!
Persoas adultas
29/05/2026
Entrada libre ata completar a capacidade.
19.00 horas.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
O venres 29 de maio ás 19.00 horas terá lugar na Biblioteca Municipal Ágora a presentación do libro "Diario de una poeta muerta", de María Vázquez Guisán.
A obra, publicada recentemente na colección Imaginal de poesía da editorial Olé Libros, constitúe o primeiro poemario completo da autora.
Durante o encontro, María Vázquez Guisán estará acompañada polo escritor Eduardo Estévez.
Descubre máis sobre o poemario
«Ahora / que no escucho el sol / y estoy / al otro lado de las palabras, / ¿qué hará conmigo / la eternidad?». Desde este lugar arrinca Diario de una poeta muerta, un libro construído como un diario íntimo en verso. Poesía que se observa a si mesma desde o máis alá, antes de se extinguir e desaparecer por completo. Unha voz distinta, sobria e depurada na súa nudez, como un silencio en busca da «luz que sobra». Poemas que se interrogan e dialogan entre si, explorando ao tempo a vida, a morte, a memoria, o dó e o propio acto da creación poética.
(Sinopse editorial Olé Libros)
Descubre máis sobre María Vázquez Guisán
María Vázquez Guisán (Valencia, 1972) publica en revistas e antoloxías desde a súa xuventude, entre elas Paraíso -editada conxuntamente coa Deputación de Xaén e a Universidade de Xaén- e Voces Nuevas (XXI Selección) na Colección Torremozas.
Traballou como tradutora, xornalista e profesora de español en Estados Unidos, México e Francia. Con Diario de una poeta muerta, publicado na colección Imaginal de poesía de Olé Libros, presenta o seu primeiro poemario completo.
Tamén che pode interesar
ALUMNADO INTERNO
MATRÍCULA INTERNA: 1 de maio ao 8 de maio
ALUMNADO EXTERNO
PRAZAS DISPOÑIBLES: 18 de maio
PREINSCRICIÓN: 18 de maio ao 22 de maio
LISTA DE PERSOAS ADMITIDAS: 1 de xuño
MATRÍCULA: 1 de xuño ao 6 de xuño

13/05/2026

15/05/2026

O pasado venres 4 de abril celebramos a Gala do curso 2024-25 no Teatro Colón da Coruña. Nela participaron varias áreas da escola: un combo de música moderna (o gañador do Torre67 Fest que se realizou o sábado 29 de marzo: STARBAND), un grupo de música e movemento, a área de música tradicional e o coro lírico da escola.
Teléfono: 981 226 752
Correos electrónicos:
Enderezo: direccionem@coruna.gal
Xefa de estudos: jefaturaem@coruna.gal
Administración: administracion@emmcoruna.com
APERTURA DA ESCOLA: das 08.00 ás 21.30 horas
LECTIVO: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)
ADMINISTRACIÓN: das 09.00 ás 20.00 horas
Mapa da Escola:
· Aulas: AQUÍ.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible