Danza contemporánea para la primera infancia.
Familias, Para público en xeral
30/11/2025
INICIO DAS VENDAS: O venres anterior a cada espectáculo, nos horarios habituais da Praza de Ourense e en Ataquilla.com
Xa rematou
11:30 h y 13:00 h
37 min
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Acceso
• Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece a función.
• Todas as persoas deben acceder con entrada.
• Non se permite comida nin bebida (agás auga).
• Non está permitido sacar fotos nin gravar.
• Capacidade reducida.
IMCE
Os seres humanos chegamos ao mundo con recursos comunicativos innatos: a mirada, a complicidade, o diálogo coa nai, a relación co entorno e cos obxectos, a percepción da luz, da auga, do movemento. O espectáculo Río de Luna recrea este proceso, comparándoo coa vida dun río: o nacemento, o gateo, os primeiros pasos e a descuberta da vida.
Dous bailaríns exploran texturas e formas a través do xogo e da imaxinación, convertendo obxectos sinxelos en historias marabillosas. A clave está en captar a atención dun público tan especial como son os bebés, seguindo os seus propios ritmos evolutivos.
As novas tecnoloxías permiten usar cor e luz dun xeito innovador, enriquecendo a experiencia. O espectáculo preséntase en secuencias con movementos suaves, empregando obxectos como unha caixa de música, un mar de plástico ou unha esfera con auga e luz, transformados en elementos fantásticos. Todo flúe coma un río, mentres a lúa observa.
Entradas
• Entrada xeral: 6,00 €
• Abono familiar (3 entradas para a mesma función): 15,00 €- Dispoñible únicamente nos despachos de venda física.
• Menores de 3 anos: 2,00 €
Venda de billetes
• Online: www.ataquilla.com
• Despacho de billetes da Praza de Ourense (agás festivos): Luns a venres 11:00 - 15:00 h e 16:30 - 19:30 h.
• Despacho de billetes do Ágora: desde 1 hora antes do comezo da función (se quedan entradas dispoñibles).
• Pagamentos: tarxeta de débito/crédito (agás American Express).
Máis información: www.coruna.gal/cultura
Para aquelas/vos que esteades interesadas/vos en estudar connosco/vos, podedes enviar un correo electrónico a jefaturaem@coruna.gal, indicando o voso nome, número de teléfono, data de nacemento e intrumento/s no que estades interesadas/vos (se tedes a idade para matricularvos en área xeral). Se queda algunha vacante nese instrumento poñeriámonos/poñeriámosnos en contacto convosco/vos.

O pasado venres 4 de abril celebramos a Gala do curso 2024-25 no Teatro Colón da Coruña. Nela participaron varias áreas da escola: un combo de música moderna (o gañador do Torre67 Fest que se realizou o sábado 29 de marzo: STARBAND), un grupo de música e movemento, a área de música tradicional e o coro lírico da escola.
TELÉFONO: 981 226 752
CORREOS ELECTRÓNICOS:
DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal
XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal
ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal
Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas
Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)
Administración: das 09.00 ás 21.00 horas
Mapa da Escola:
· Aulas: AQUÍ.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible