Concello da Coruña

Concello da Coruña

SEN NUMERAR Primavera 2026 - MADE IN GALICIA de Sechu Sende

Espectáculo áxil, alegre e combativo que busca conectar coas persoas espectadoras e rescatar o sentimento de comunidade orgullosa do noso.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/05/2026

Horario:

20.30 h

Duración:

60 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 €.

carné novo, maiores 65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar onde terá lugar o espectáculo.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.es

Partindo da necesidade de tratar un tema que ten tanto que ver connosco como sociedade, que está nas bases da nosa cultura (foi Castelao quen dixo: "Se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma") considérase conveniente, apropiada e oportuna a obra de Séchu Sende MADE IN GALICIA para presentar en escena o tema desde unha perspectiva tranquila, amable e, ao tempo, contundente. A obra transita por momentos reconocibles no día a día e combina temas de sociolingüística con maneiras de vivir e pensar amables e xenerosas ás que chegar mediante o lúdico e o divertido. Unha maneira de seducir en cuestións de lingua, non de impoñerlle nada a ninguén.

Autoría: Sechu Sende

Dirección: Fina Calleja

Dramaturxia: Fernando Dacosta, Fina Calleja

Elenco: Fernando Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo, Josito Porto

Duración: 60 minutos

Espectáculo en galego

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes de Forum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Curso 2025-26

Para aquelas/vos que esteades interesadas/vos en estudar connosco/vos, podedes enviar un correo electrónico a jefaturaem@coruna.gal, indicando o voso nome, número de teléfono, data de nacemento e intrumento/s no que estades interesadas/vos (se tedes a idade para matricularvos en área xeral). Se queda algunha vacante nese instrumento poñeriámonos/poñeriámosnos en contacto convosco/vos.

PRÓXIMOS EVENTOS

gala 2024 25

Gala do curso 2024-25

O pasado venres 4 de abril celebramos a Gala do curso 2024-25 no Teatro Colón da Coruña. Nela participaron varias áreas da escola: un combo de música moderna (o gañador do Torre67 Fest que se realizou o sábado 29 de marzo: STARBAND), un grupo de música e movemento, a área de música tradicional e o coro lírico da escola.

Contacto

TELÉFONO: 981 226 752

CORREOS ELECTRÓNICOS:

DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal

XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal

ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal

Horario

Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas

Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)

Administración: das 09.00 ás 21.00 horas

Mapa da Escola:

· Aulas: AQUÍ.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión