Licenza de apertura inocua
En que consiste?:
Trátase de actos administrativos de natureza regrada que habilitan a quen os solicita e obtén para a implantación da actividade que se proxecte.
No caso de que a tal fín necesítese a execución de obras no inmoble, a licenza de obras solicitarase ao mesmo tempo que a de actividade e resolveranse nun único acto administrativo. Achegarase o proxecto correspondente, se fose o caso, e sempre se achegará un cadro de superficies, con indicación de usos.
Na tramitación terá prioridade a licenza de actividade de tal modo que se non procedese a súa autorización non se entrará a resolver a de obras e así se lle comunicará ao solicitante. Xa que esta última non ten outra función que a da implantación da actividade que non sería autorizable.
Canles de presentación
Presencial
Que se necesita?:
- Modelo de solicitude específico.
- Depósito previo (ordenanza fiscal municipal nº 4).
- Plano de situación asinado por técnico competente, tomando como base os do PXOM.
- Plano de emprazamento do local no edificio e respecto da vía pública asinado por técnico competente.
- Planos de planta e sección do local a escala 1:100 con indicación de cotas, distribución, superficie útil e construída, e alturas ó Proxecto Técnico se a superficie do local é superior a 100 m2.
- Memoria descritiva da actividade.
- Acta de constitución da Sociedade e acreditación da Representación.
- Se os solicitantes constitúen unha Sociedade civil ou comunidade de bens, farase constar o nome de todos os socios ou comuneiros.
- Alta en IAE na dirección para a cal se solicita a licenza de apertura ou módelo 036 (antes da concesión da licenza).
- Nota simple rexistral ou escritura de propiedade do local.
- Documento que acredite a posesión do local (contrato de arrendamento, compra-venda, ó título acreditativo de doazón, herdanza, legado ou usufructo).
- Licenza de obra (ou en caso contrario sinalar que non se realizan en Observacións "").
Internet
Teléfono