SUBENTDEP
Telemático
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Deporte
Si
Convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para entidades sen ánimo de lucro para o fomento e apoio á realización de actividades físicas e deportivas no Concello da Coruña
Subvencións para entidades deportivas 2021
Dende o 05/03/2021 ata o 24/03/2021
Son requisitos esixibles ás entidades beneficiarias, que deberán estar cumpridos con anterioridade á data da proposta definitiva de concesión da subvención, ademais dos previstos con carácter xeral no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións, os seguintes:
Ningún.
Titular da Concellería Delegada de Deportes.
Tipos de actividades subvencionadas:
Unha mesma entidade deportiva só pode solicitar un máximo de tres (3) subvencións de entre o total de tipos enumerados na Base 3. Por tanto, só poderán subvencionarse tres (3) actividades distintas dunha mesma entidade. As actividades solicitadas poden ser dun único tipo dos enumerados na Base 3 ou tipos distintos, sen superar en ningún caso o número máximo de 3 actividades. No caso de que a entidade deportiva perciba unha axuda de forma directa (convenio nominativo) por parte da Concellería de Deportes ou dun ente colaborador, só terá dereito a solicitar dous (2) subvencións.
O importe máximo do orzamento susceptible de ser subvencionado será o 80% do total do mesmo. Para cada un dos tipos de actividades sinalados nos puntos do 1 ao 5, o importe máximo subvencionable por cada subvención solicitada é de 4.000,00 €, a excepción das subvencións de tipo 3 (Campamentos ou campus) que é de 6.000,00 euros por cada subvención solicitada.
Normativas relacionadas
5 a 24 de marzo de 2021.
Documentos relacionados
Consultar o apartado anterior: "Documentación necesaria".
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=942
Seis meses, a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
O período utilizado para a corrección de deficiencias e/ou achega de documentos interromperá o citado prazo.
Desestimatorio
ACTUALIZACIÓN:
Publicado no BOP de 21 de abril o requirimento para a corrección das solicitudes presentadas:
O prazo de presentación de correccións é de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da súa publicación, é dicir, do 22 de abril ao 5 de maio de 2021, ambos inclusive.
En caso de optar pola corrección telemática, deberá facerse mediante o trámite de Achega de documentación dispoñible nesta sede.
Recursos posibles:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible