Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de marzo de 2024

A Xunta de Goberno Local acorda reducir á metade o canon ás e aos praceiros de Monte Alto polas obras de reforma no antigo mercado

Esta medida, que estará vixente ata finais deste ano 2024, execútase co obxectivo de apoiar ás e aos concesionarios mentres estén a desenvolver a súa actividade no mercado provisional da praza Indalecio Prieto

A Xunta de Goberno Local acordou hoxe unha redución do 50% do canon asociado ás concesións do mercado de Monte Alto para o que resta deste ano.

"Na Xunta de Goberno Local de finais de xaneiro aprobamos suspender os prazos das concesións aos praceiros de Monte Alto ata que se completen as obras de rehabilitación do antigo mercado. É dicir, que o período de execución das obras non computará como tempo transcorrido para os efectos das concesións en vigor de praceiras e praceiros. A esta medida aprobada en xaneiro aparellamos hoxe unha máis, para apoiar as praceiras e praceiros mentres estén a desenvolver a súa actividade no mercado provisional da praza Indalecio Prieto", explicou a alcaldesa, Inés Rey, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno.

Por iso, con efecto retroactivo desde o pasado 1 de febreiro, e ata finais deste exercicio, reducirase á metade o canon que pagan as e os concesionarios.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión