9 de xaneiro de 2020
Os nenos e nenas da EIM Monte Alto realizarán visitas ao mercado durante os próximos tres meses
A partir do segundo trimestre do curso as nenas e os nenos do grupo de 2-3 anos da escola infantil de Monte Alto acoden ao mercado do barrio, no marco do proxecto educativo A tenda de Antón.
Tenda de Antón
A tenda de Antón é un espazo de actividade para promover o xogo simbólico e a relación directa do alumnado coas persoas vendedoras e compradoras. A compra directa e o despregamento das accións que implica favorecen o desenvolvemento de habilidades lingüísticas básicas nas relacións humanas, a observación e relación de alimentos entre si, valorar a orde e clasificación en cada posto e a mecánica do intercambio de produto-diñeiro.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible