Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de abril de 2019

Europa premia a xestión desenvolvida no viveiro de empresas do Papagaio e aumenta un 20% a axuda concedida ao Concello para sufragar a súa construción

Os novos fondos, que suman algo máis de 140.000 euros, materializaranse a través dun convenio coa Fundación Incyde das Cámaras de Comercio de España

A Comisión Europea incrementará nun 20% a axuda concedida ao Concello da Coruña destinada a sufragar o proxecto do viveiro de empresas do Papagaio, que entrou en funcionamento no ano 2016. A achega, cifrada en 144.000 euros, materializarase a través dun convenio entre o executivo municipal e a Fundación Incyde de Cámaras de Comercio, entidade que tramita estas aportacións. Segundo salienta o concelleiro de Emprego, Alberto Lema, "esta suba de axudas vén motivada polo bo funcionamento que demostrou o centro municipal como espazo de fomento e axuda ao emprendemento dende a súa posta en funcionamento". O responsable municipal comentou que "de esta forma, Europa terá pagado o 100% deste proxecto".

A Comisión Europea procedeu a pechar o programa operativo FEDER 2007-2013, do que procedían as axudas outorgadas a este proxecto. "Nun inicio, e como noutros programas, Europa aportou o 80% dos fondos, mentres que o Concello tivo que facer fronte ao 20%, unha cantidade que agora imos recibir froito desta revisión", explica o concelleiro Lema. "O Viveiro de Empresas do Papagaio está a converterse nun referente en canto á axuda ao emprendemento, ademais de ser un espazo de asesoramento recoñecido. Para nós, este aumento de fondos vén a referendar o traballo que se está a levar a cabo", indica o edil.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión