Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xaneiro de 2019

A Concellería de Emprego abre o prazo para solicitar os cursos de formación para persoas desempregadas

Os itinerarios están especializados en programación de maquinaria, eficiencia enerxética, xestión de ecohortas, manipulación de fitosanitarios, manipulación de alimentos e uso de carretilla elevadora e compleméntanse con cursos de idiomas e informática

A Concellería de Emprego e Economía Social abre o período de solicitude de prazas nas accións formativas que pon en marcha cada ano o departamento para mellorar a formación de persoas desempregadas. Os cursos previstos --dos que se poden realizar varias edicións ao ano, segundo a demanda-- están centrados en formacións especializadas, que se complementan con formación en idiomas orientación laboral e informática. En total, son máis de 300 as prazas dispoñibles nesta primeira quenda de cursos, que teñen duracións que van dende as 30 ata as 1.040 horas.

As seis accións formativas especializadas son referentes a programación de maquinaria CNC-Metal, eficiencia enerxética de edificios, xestión de hortas urbanas e ecolóxicas, aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios, aplicación de normas e condicións hixiénico-sanitarias en restauración e uso de carretilla elevadora de carga, de persoas e plataformas. Nos cursos de idiomas hai dispoñibles inglés iniciación e medio, francés e alemán. A orientación laboral consistirá en obradoiros sobre a entrevista, a marca persoal e as redes sociais e o videocurriculum. Por último, as accións formativas de informática versarán sobre a iniciación á esta materia, ofimática básica e avanzada, xestión empresarial informatizada e deseño gráfico no programa SketchUp.

As persoas interesadas en recibir calquera dos cursos de formación poderán presentar as súas solicitudes sen unha data límite, xa que os cursos se repiten ao longo do ano, no teléfono 981 184 399 ou a través da sección de contacto da web www.coruna.gal/emprego para asistir ao taller previo de información para a busca de emprego e que se impartirá en grupo. Alí, as persoas participantes serán citadas para unha entrevista individual de orientación no centro municipal de emprego situados nos Rosales. Os requisitos para poder inscribirse son ser unha persoa residente no termo municipal da Coruña e estar inscrita na oficina de emprego.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión