17 de abril de 2024
Desta vez, á visita só acudiron os membros da disciplina de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais xa que, coñecer os detalles máis concretos de cada espazo é de suma importancia para os seus proxectos.
O encontro coa profesional, quen realizou a súa tese doutoral sobre a Coruña e a súa arte na Baixa Idade Media, tivo lugar o pasado venres 12 de abril na Colexiata de Santa María do Campo ás 11:30h., onde se contemplaron a fachada principal e elementos do seu interior, como os capiteis ornamentados ou as marcas de canteiro, entre outros.
Dolores realizou a súa exposición de maneira que os alumnos-traballadores adquiriron moitos coñecementos de maneira experimental, é dicir, aprenderon a analizar o que estaban a observar sen a necesidade de recompilar datos, como poden ser as cronoloxías.
A xornada rematou na Igrexa de Santiago, na que o equipo coñeceu o seu interior e as xoias que nel se albergan.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible