Programa para xerar emprego estable para persoas desempregadas apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais con especial atención aos concellos do rural galego.
a) As empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais
b) As empresas privadas que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego (ILE).
Para público en xeral
Dende o 01/01/2020 ata o 31/07/2020
Xa rematou
Dende o 01/01/2020 ata o 31/07/2020
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200203/AnuncioG0424-140120-0017_es.pdf
Xunta de Galicia
Liñas de subvención:
Contía da subvención:
Subvención á xeración de emprego estable:
- 2.000 euros por cada emprego de carácter indefinido ocupado por persoas desempregadas, ata un máximo de 10.
- 4.000 € cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:
a) Persoas desempregadas de longa duración.
b) Persoas desempregadas con discapacidade.
c) Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.
Estas contías base incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:
- Se a persoa incorporada é unha muller.
- No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da empresa estea situado nun concello rural.
- Persoas maiores de 45 anos.
- Se a persoa incorporada ten a condición de persoa emigrante retornada
- Persoas trans.
Subvención para formación: ata o 75% do custo dos servizos recibidos, excluído o IVE, cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto dos cursos e actividades de formación recibidas.
Subvención para o inicio da actividade:
- 2.000 euros por cada emprego de carácter indefindo ocupado por persoas desempregadas, ata un máximo de 10.
- 4.000 € cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:
a) Persoas desempregadas de longa duración.
b) Persoas desempregadas con discapacidade.
c) Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.
Estas contías base incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:
- Se a persoa incorporada é unha muller.
- No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da empresa estea situado nun concello rural.
- Persoas maiores de 45 anos.
- Se a persoa incorporada ten a condición de persoa emigrante retornada
- Persoas trans.
Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras: 75% do custo dos servizos de gardería, ata un máximo de 3.000 euros, para aquelas persoas promotoras que teñan fillos/as menores de 3 anos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible