Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de octubre de 2019

Eva Acón: “As administracións públicas deben ter a cidadanía como eixo da acción pública, coma a prioridade do investimento social”

A edila de Innovación, Industria, Emprego e Consumo felicitou o grupo coruñés Atlante por esta iniciativa e valorou o evento como un "mecanismo eficaz para poñer en común e establecer boas prácticas e casos de éxito”

Esta mañá a concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, Eva Martínez Acón, participou nas xornadas sobre `Modelos de Xestión Empresarial centrados nas persoas´ que se celebraron hoxe no Club Financeiro da Coruña impulsado polo Grupo Atlante cun simposio sobre os modelos de xestión pública versus xestión privada ou o papel da Administración no impulso da conciencia social das empresas.

Martínez Acón felicitou ao grupo coruñés por esta iniciativa e valorou o evento como un "mecanismo eficaz para poñer en común e establecer boas prácticas e casos de éxito". No acto, a edila destacou que "as administracións públicas deben ter á cidadanía como eixo da acción pública, coma a prioridade do investimento social, xa que son aspectos que redundan nun beneficio para a sociedade". Acón subliñou que "a finalidade da xestión pública ten que ter por obxectivo xerar, da maneira máis eficiente posible, políticas ao servizo das e dos cidadáns"

No marco destas xornadas, tamén interviñeron Santiago Cabaleiro Táboas, do Grupo Visual MS, Manuel Carneiro Caneda, conselleiro delegado de IFFE Business School, Maite Valiño Borrego, directora xeral do Grupo Atlante, e Covadonga Toca Carús, secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión