Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de novembro de 2019

Servizos Sociais e o Servizo Municipal de Emprego reforzan a súa colaboración con Coruña SuΣa

Este mércores tivo lugar unha reunión entre o persoal técnico de Servizos Sociais e do Servizo Municipal de Emprego para reforzar a súa colaboración no desenvolvemento do proxecto Coruña SuΣa, financiado conxuntamente polo Fondo Social Europeo e o Concello da Coruña.

A coordinación entre estes servizos municipais servirá para impulsar o acceso das persoas con máis dificultades de inserción laboral aos itinerarios do proxecto, a través dos que ofrecemos formación con prácticas en empresas.

Realizarase formación en sectores profesionais como:

  • Atención a persoas dependentes e infancia (atención sociosanitaria, comedor escolar, actividades de tempo libre etc.)
  • Socorrismo acuático en praias e piscinas
  • Comercio e márketing (almacén, comercio etc.)
  • Administración e xestión (rexistro, arquivo, recepción etc.)
  • Hostalería e Turismo (axudante de cociña, servizo básico de restaurante etc.)
  • Industria alimentaria (carnicería, peixería etc.)
  • Informática e comunicacións (Java, xestión comercial con TIC etc.)

O proxecto Coruña SuΣa ofrece a oportunidade de mellorar as posibilidades de atopar un posto de traballo.

As persoas desempregadas poden chamar ao Centro Municipal de Emprego dos Rosales ao teléfono 981 184 399 e informarse.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión