11 de novembro de 2019
Este mércores tivo lugar unha reunión entre o persoal técnico de Servizos Sociais e do Servizo Municipal de Emprego para reforzar a súa colaboración no desenvolvemento do proxecto Coruña SuΣa, financiado conxuntamente polo Fondo Social Europeo e o Concello da Coruña.
A coordinación entre estes servizos municipais servirá para impulsar o acceso das persoas con máis dificultades de inserción laboral aos itinerarios do proxecto, a través dos que ofrecemos formación con prácticas en empresas.
Realizarase formación en sectores profesionais como:
O proxecto Coruña SuΣa ofrece a oportunidade de mellorar as posibilidades de atopar un posto de traballo.
As persoas desempregadas poden chamar ao Centro Municipal de Emprego dos Rosales ao teléfono 981 184 399 e informarse.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible