O obxecto da convocatoria é a concesión de axudas ás empresas da demarcación cameral da Cámara de Comercio da Coruña no Programa TICCámaras, mediante a posta á súa disposición dos servizos de DiagnósticoAsistido de TIC e Implantación. Esta actuación ten como obxectivo principal impulsar a incorporación sistemática das TIC á actividade habitual das pemes, como ferramentas competitivas claves na súa estratexia, así como maximizar asoportunidades que ofrecen para mellorar a súa productividade e competitividade.
Pemes, micropemes e personas inscritas no Réximen Especial de Traballadores Autónomos, da demarcación territorial da Cámara de Comercio da Coruña, que se atopen dadas de alta no Censo do IAE.
Para público en general
Desde el 12/06/2019 hasta el 19/06/2019
Ya ha finalizado
Prazo de solicitudes aberto ata esgotar orzamento.
Fase I de Diagnóstico: 1.200 euros, e será financiado polo FEDER e a Cámara de Comercio da Coruña, polo que este servizo será gratuíto para as empresas participantes.
Fase II de Axudas: Custo máximo elixible 7.000 euros (IVE non incluído), prefinanciado na súa totalidade pola empresa beneficiaria e cofinanciado ao 70% por FEDER, sendo por tanto a contía máxima de axuda por empresa de 4.900 euros.
Fase I - Diagnóstico Asistido de TIC (DAT).
Análise exhaustivo do nivel de dixitalización da empresa e das súas posibilidades de mellora mediante o estudo da súa cadea de valor, que permite coñecer a situación do nivel de competitividade da empresa destinataria na súa contorna económica e de mercado.
Fase II - Plan Personalizado e Implantación (PPI).
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible