Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de febreiro de 2024

Concello e APECCO promoven unha formación para 25 persoas con compromiso de contratación

Trátase dun curso básico de prevención en riscos laborais na construción con cinco módulos de especialidade. Ademais, mañá iníciase un novo curso de pintura na construción para 15 persoas en situación de desemprego

O Concello da Coruña, en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña APECCO, realizou esta mañá o proceso de selección do alumnado para a realización do curso básico de prevención de riscos laborais na construción. A formación, impulsada en colaboración con APECCO, enmárcase na estratexia do Goberno de Inés Rey para a dinamización do emprego na cidade.

Trátase dun curso básico xeral de prevención en riscos laborais e a especialidade nun dos cinco módulos ofertados: albanelaría, pintura, operadores/as de vehículos e maquinaria de movemento de terras, operadores/as de equipos manuais e montaxe de estruturas tubulares. O curso dispón dun total de 25 prazas e 90 horas de formación que comezarán o vindeiro 4 de marzo e rematarán o 22 do mesmo mes. Impartirase na sede de APECCO en horario de mañá, de 8.30 a 14.30 horas.

Este curso ten compromiso de contratación e é froito dun convenio de colaboración asinado entre o Concello e APECCO para a formación específica de persoas desempregadas en disciplinas relacionadas coa construción, atentendendo á falta de persoal do sector. 

Máis formación en construción

O Concello completa a oferta formativa na construción cun novo curso de 'Pintura decorativa na construción', que comezará mañá 27 de febreiro. Un total de 15 persoas en situación de desemprego iniciarán a formación gratuíta.

Trátase dun dos cursos máis demandados no Centro Municipal de Emprego dos Rosales. Conta cun total de 661 horas de formación impartidas en quenda de mañá (de 8.30 a 15.30 horas) nas que o alumnado aprenderá a executar e organizar a aplicación de acabados de pintura decorativa, realizando a preparación de soportes, muros, tabiques, teitos e carpinterías así como a aplicación de acabados de pintura industrial, imprimacións e pinturas protectoras en edificación e obra civil. O curso comeza mañá, 27 de febreiro, e rematará o vindeiro 7 de agosto.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión