Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria de axudas destinadas ás persoas traballadoras e ás empresas afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego de suspensión de contratos ou redución da xornada para favorecer o mantemento do emprego ante fluctuacións da economía. (Código de procedemento TR820F. En réxime de concorrencia non competitiva)

Axudas para paliar a situación económica e compensar a perda do poder adquisitivo das persoas afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) de suspensión de contratos ou de redución de xornada, así como axudarlles ás empresas afectadas en canto á compensación dos custos que supoña a formación das persoas traballadoras afectadas polos ERTES, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A quen vai dirixido?:

  • As persoas traballadoras afectadas por un ou varios ERTE de suspensión de contratos ou redución da xornada por causas económicas, técnicas, organizativas e/ou de produción entre o 01/07/2020 e o 31/10/2020 (excepcionalmente o 10/11/2020), para compensar a perda de poder adquisitivo.
  • As empresas que conten con persoas traballadoras afectadas por ERTE de suspensión de contratos ou redución da xornada por causas económicas, técnicas, organizativas e/ou de produción entre o 01/07/2020 e o 31/10/2020 (excepcionalmente o 10/11/2020), para compensar os gastos derivados da formación do dito persoal.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/07/2020 ata o 31/10/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/07/2020 ata o 31/10/2020

Solicitudes ata o 31 de outubro de 2020 (excepcionalmente ata o 10 de novembro de 2020)

Remuneración / Custo:

  • Persoas traballadoras afectadas polos ERTE: entre 12 e 15 euros por xornada completa efectiva de suspensión/redución de contratos (compatible coa prestación por desemprego e con posibles complementos que a empresa acorde conceder)
  • Para empresas afectadas polos ERTE: entre 7,50 e 9,00 euros/hora de formación, ata un máximo de 50.000 euros

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200701/AnuncioG0424-190620-0004_gl.pdf

Organiza:

Xunta de Galicia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión