Concello da Coruña

Concello da Coruña

IGAPE / AMTEGA.- Convocatoria de axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalizacón, innovación e adopción de solucións de dixitalización. Programa Re-acciona (concorrencia competitiva. Procedemento IG401A)

Programa de servizos a pemes que, a través das empresas prestadoras de servizos -seleccionadas mediante procedemento aberto de acordo coa Lei de contratos do sector público-, permítelle ás pemes executar proxectos de mellora en distintos ámbitos: desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización

A quen vai dirixido?:

As pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial, e que conten con algún centro de traballo radicado en Galicia

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/03/2020 ata o 28/12/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 03/03/2020 ata o 28/12/2020

Prazo de presentación de solicitudes:

  • 1ª convocatoria: do 03/03/2020 a 02/07/2020
  • 2ª convocatoria: do 06/07/2020 a 17/09/2020
  • 3ª convocatoria: do 21/09/2020 a 05/11/2020
  • 4ª convocatoria: do 09/11/2020 a 28/12/2020

Remuneración / Custo:

Contía: trátase de axudas en especie.

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200602/AnuncioO92-220520-0003_gl.pdf

Organiza:

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

A Amtega poderá conceder axudas en especie consistentes na execución de servizos para a súa realización en empresas galegas integrados nas seguintes categorías:

a) Adopción de solucións de dixitalización:

  • Servizos para a definición dunha estratexia dixital da empresa.
  • Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para a peme.
  • Apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade.
  • Deseño dunha estratexia de marketing de contidos para a peme.

O Igape poderá conceder axudas en especie consistentes na execución de servizos para a súa realización en empresas galegas integrados nas seguintes categorías:

a) Profesionalización e desenvolvemento estratéxico:

  • Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora.
  • Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial.
  • Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal.
  • Análise do cumprimento normativo e os riscos legais.
  • Mellora da xestión financeira e procura de financiamento.
  • Optimización da produción e cadea loxística.
  • Asesoramento para o relanzamento comercial.

b) Innovación:

  • Preparación de procesos certificables.
  • Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.
  • Protección da innovación.
  • Asesoramento para o financiamento da innovación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión