1 de febrero de 2019
Xa están dispoñibles as novas accións formativas para adultos que se desenvolverán na OMIC nos vindeiros meses.
A Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras organiza anualmente un Programa de Formación en Consumo dirixido á poboación adulta.
De forma continua, na OMIC desénvolvense actividades formativas con diferentes temas de actualidad que pretenden achegar ás persoas consumidoras cales son os seus dereitos e como defenderse.
Os diferentes obradoiros e charlas teñen unha duración aproximada de 90 minutos e impártense nas instalacións da OMIC. Están dirixidas a persoas maiores de 18 anos, en grupos mínimos de 15 asistentes.
Todas as actividades para adultos desenvolveranse de 11:30 a 13:00 e son gratuitas- Para inscribirse as persoas interesadas poden facelo a través da páxina www.coruna.gal/omic
As vindeiras charlas e obradoiros son:
Xoves 14 de Febreiro: Comprender a factura da luz
Xoves 14 de Marzo: Dereitos sobre os servizos de telefonía
Xoves 25 de Abril: Vivenda: alugueres e hipotecas
Xoves 16 de Maio: Coidado cos produtos milagre
Para máis información ou solucionar calquera dúbida pódese chamar ó 981.189.820 ou escribir un correo electrónico a omic@coruna.es
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible