23 de outubro de 2022
As formacións son de carácter complementario e iniciaranse esta semana
Para o mes de novembro están previstas dúas novas formacións en materia de construcción cos cursos de ‘Lectura de planos’ e ‘Traballos verticais: andamios e liñas de vida’
O Concello da Coruña iniciará catro novos cursos de formación a vindeira semana. A formación, dirixida a persoas en situación de desemprego, enmárcase na estratexia de formación para o emprego do Goberno de Inés Rey e ten como obxectivo ampliar os coñecementos impartidos en cursos de profesionalización xa realizados así como dotar de ferramentas ás persoas na busca de emprego.
O primeiro dos cursos será o de 'Folla de cálculo', mañá luns 24 de outubro. Ten unha duración prevista de 75 horas e unha oferta de 10 prazas. O obxectivo é que as persoas en situación de desemprego poidan certificar os seus coñecementos en ofimática ampliando a súa formación de cara ao posicionamiento en ofertas de emprego. Nesta mesma liña, o Concello organiza un curso de 'Preparación de entrevista persoal', cun total de 10 prazas e 15 horas de duración que comezará o 26 de outubro.
Na mesma semana iniciaranse dous cursos máis: un sobre prevención de riscos laborais na construcción, obrigatorio para a realización de traballos en construcción; e outro sobre marca persoal e redes sociais orientado a persoas que queiran crear a súa propia marca persoal tanto nunha empresa como para a búsqueda de emprego por conta allea. A data de inicio é o 25 e 26 de outubro respectivamente, contando con 25 e 10 prazas para cada unha das formacións.
Continúan os cursos de formación
O Concello da Coruña ten previstos dous novos cursos de formación para o vindeiro mes de novembro en materia de construción. A oferta avanza no obxectivo de dar formación a persoas desempregadas en sectores con alta demanda de persoal cualificado, ampliando as súas posibilidades de incorporación no sector laboral.
A formación en 'Traballos verticais: alicerces e liñas de vida' oferta un total de 12 prazas. Ten previstas 58 horas formativas en horario de tarde, de 15.30 a 19.30 h, con data de inicio o vindeiro 7 de novembro. Ese mesmo día tamén se iniciará o curso de lectura de planos, que contará cunha oferta de 10 prazas e 100 horas formativas en turno de mañá, de 9.30 a 14.30 h.
Para máis información sobre a inscrición e os vindeiros cursos pode consultarse a web de Emprego ou contactar co Centro Municipal de Emprego dos Rosales, no teléfono 981 184 399.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible