29 de outubro de 2018
O edil Alberto Lema sinala que o programa Adiante! aporta os coñecementos e as ferramentas necesarias para iniciar un negocio
O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, asinou esta mañá un convenio coa Asociación de Jóvenes Empresarios de A Coruña (AJE) para a realización do programa de emprendemento empresarial Adiante!, unha iniciativa de formación sobre o autoemprego e que busca tamén dar ferramentas para estimular o crecemento e manter a actividade das pequenas e medianas empresas na cidade. Mediante esta subvención, de 29.973 euros, a asociación levará a cabo, ata final de ano, xornadas de divulgación e formación, así como titorías. O edil salienta "a formación especializada e o apoio profesional no eido do emprendemento como fundamental para dar seguridade nos primeiros pasos dun negocio".
As actividades programadas pola asociación proporcionarán métodos e ferramentas para iniciar unha actividade empresarial e aportar o coñecemento sobre as diferentes áreas dun negocio. Porén, ademais de impulsar o emprendemento, AJE preparará tamén formación específica e de consultoría para os proxectos empresariais que xa están en marcha e que poden presentar problemas que comprometan a súa continuidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible