16 de abril de 2019
A Concellería de Emprego e Economía Social, a través do Departamento de Promoción Económica e Comercio, está a preparar, en colaboración co IGAPE, unha xornada informativa co obxectivo de dar a coñecer os servizos e as distintas liñas de axuda que manexa este organismo, tanto dirixidas a persoas emprendedoras como a pemes, comentando tamén as últimas novidades incorporadas a estas liñas.
A xornada ten carácter gratuíto e está aberta a todas as persoas interesadas, pero é preciso realizar inscrición previa (ata completar aforo). Celebrarase o próximo 7 de maio (martes), ás 10:00 horas, no Centro de Empresas Accede Papapagio.
Ao remate da xornada, a técnica do IGAPE encargada de impartir esta xornada atenderá as consultas das persoas participantes.
A inscrición pode realizarse picando nesta ligazón.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible