Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de outubro de 2021

A Coruña abrirá novo prazo de inscrición para realizar formación en liña con máis de 50 accións formativas

Accións formativas en liña para potenciar a dixitalización e axudar a combater o desemprego.

O Concello da Coruña presenta unha nova iniciativa de formación en liña para residentes no municipio de forma totalmente gratuíta.

A situación actual na que nos atopamos propicia que debamos enfrontar unha nova realidade e que a formación en liña, pase a formar parte do presente para potenciar as nosas habilidades, crear un mellor perfil profesional e académico e xerar maiores probabilidades de contratación en futuros empregos.

Desde os nosos fogares, podemos continuar ampliando coñecementos sen necesidade de acudir a un centro de formación.

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, ofrece un catálogo de máis de 50 accións formativas en liña con varias edicións cada unha, en distintos sectores profesionais con preto de 2.000 prazas abertas. O prazo de inscrición publicitarase na páxina web www.coruna.gal/empleo a partir do 18 de outubro

É unha medida deseñada para persoas en desemprego, en situación de ERTE, profesionais que cesaron a súa actividade pola COVID 19 e persoas que estean en mellora de emprego. Os requisitos para realizar esta formación integramente en liña son ser maior de 16 anos e estar empadroado/a no Concello da Coruña.

Cada persoa poderá seleccionar unha acción formativa de calquera das áreas de especialización:

  • Idiomas: inglés e francés en distintos niveis
  • Microsoft office: Word, Excel, Access, Power Point, Outlook básicos e avanzados
  • Comercio e márketing: Comercio electrónico, venda en liña, xestión telefónica de clientes, comunity manager, xestión de queixas e reclamacións e Hixiene alimentaria (manipulación de alimentos + alérxenos)
  • Administración de empresas: Seguridade informática, sinatura dixital, notificacións e rexistros electrónico, trámites en liña coa administración, interpretación da linguaxe corporal, comunicación persuasiva, control emocional e autocontrol en situacións de emerxencia, habilidades directivas
  • Informática: cloud computing, protección de equipos en rede e CCNA routing e swiching
  • Prevención de riscos laborais: multisectorial, en hostalería, en oficinas, nocións básicas de actuación en emerxencias e evacuación

Todas as accións formativas levan competencias moi demandadas na dixitalización que está a experimentar o mercado actual.

As accións formativas estarán dispoñibles dunha forma integramente en liña e accesibles na modalidade 24/7, é dicir, durante as 24 horas do día, calquera día da semana.

A información sobre esta formación en liña e as súas particularidades pódese consultar de forma detallada en www.coruna.es/emprego a partir do día 18 de outubro cando se abrirá o prazo de solicitude a través da mesma web municipal de emprego.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión