Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

7 de maio de 2020

O concello entrégalles 100.000 máscaras ás asociacións de comercio e hostalaría de cara á apertura de establecementos o día 11

O Goberno local apoiará a ambos os sectores máis golpeados pola crise cunha dotación orzamentaria que está a estudar co resto das forzas políticas

O concello comezará a repartirlles ás asociacións de comercio e hostalaría 100.000 máscaras protectoras de cara á apertura dos seus establecementos o vindeiro luns día 11, dentro da fase 1 de desescalada deseñada polo Goberno de España. Este material sanitario foille doado ao concello polas autoridades locais da cidade-distrito chinesa de Yantian, que contactaron fai un mes co persoal da Alcaldía para poderen envialo. A alcaldesa, Inés Rey, no nome da veciñanza da Coruña, amosoulles o seu agradecemento ás autoridades chinesas polo envío das máscaras.

Deste xeito, o Goberno local entende que é necesario que as propietarias e propietarios de pequenos comercios e locais de hostalería, así como as súas traballadoras e traballadores, dispoñan de máscaras protectoras neste inicio da desescalada. Os protocolos de seguridade sanitaria impostos polo Goberno obrigan a utilizalos como medida de prevención fronte aos contaxios de coronavirus, se se mantén un contacto próximo con persoal traballador e coa clientela.

Ademais, a alcaldesa, Inés Rey, consciente de que a recuperación da economía será máis lenta no pequeno comercio e na hostalaría, anunciou esta mañá que o Goberno local ultima unha liña de axudas de apoio a ambos os sectores para afrontar a reactivación da súa actividade tras o parón pola crise do coronavirus.

A rexedora reuniuse esta mañá co presidente da Federación Provincial de Comercio, Miguel  Agromayor; o presidente da Federación Unión de Comercio Coruñesa (FUCC), José Luis Boado, e co presidente da Asociación de  Hostalaría da Coruña, Héctor Cañete, para entregarlles o equipo de protección e escoitar as súas achegas co fin de incluílas no programa municipal.

"É necesario adoptar canto antes novas medidas de promoción económica e de fomento do emprego que alivien o dano ocasionado polo peche debido á pandemia e garantan a supervivencia do pequeno comercio e da hostalería da cidade", manifestou a rexedora.

O Goberno local baralla distintas actuacións para acelerar a recuperación económica da cidade. "Os concellos somos as administracións máis preparadas para xestionar a desescalada e, á vez, seguir adoptando medidas para reactivar a economía", indicou a rexedora.

Este material sanitario está sendo distribuído a:

-AVC Amigos los Rosales

-Asociación comerciantes Elviña

-Asociación de Libreros da Coruña

-ACECA Ciudad Vieja

-Asociación Comerciantes Distrito Mallos

-Asociación de Empresarios Comercio Téxtil

-Asociación de Empresarios Ópticos de A Coruña

-Asociación de Vendedores de Prensa de A Coruña

-Área Comercial As Conchiñas

-Asociación Comercial Obelisco

-Asociación Comerciantes y Autónomos de Galicia  (Coruña)

-Área Comercial Riazor

-Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de A Coruña

-Gremios de Joyeros de A Coruña

 -Distrito Oza

 -AAVV y CC La Falperra

-Asociacion AVEC

-Asociación de empresarios y comerciantes de Matogrande

-Asociación Cocina Coruña

-Asociación Hosteleros del Orzán

-Asociación ASCEGA y Asociación de Hosteleros

-ACOCEM

-Asociación Distrito Picasso

-Área Viva

-Zona Zero

-Asociación Comerciantes calle Barcelona

-Asociación Empresarios Los Rosales

-Asociación Empresarios A Coruña AECO

-Asociación de Empresarios da Grela

-Agrupación de Vecinos y Comerciantes de Monte Alto

-Comerciantes Angel Senra

-Asociacion de librerias da Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión