Estrea absoluta
Para público en general
04/09/2026
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Pídese puntualidade.
Teatro Rosalía de Castro. Calle Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
A nova estrea de ButacaZero nace como fonda homenaxe a Manuel Lourenzo, finado o pasado ano. Mestre e mentor de Xavier Castiñeira (e de tantas outras persoas que conforman o teatro galego profesional na actualidade), a súa palabra, a súa mirada e o seu compromiso coa escena seguen vivos en cada unha das nosas creacións e continúan así iluminando o camiño de novas xeracións.
A velada de Londres mergúllanos na súa visión sobre o universo de Drácula, unha das súas obsesións creativas. Nela imaxina unha escena tras o primeiro capítulo da novela de Bram Stocker, cando Jonathan Harker coñece o conde en Transilvania. No retorno a Londres xunto á súa muller Mina, Jonathn revive obsesivamente aquela experiencia, e a súa relación esborrállase entre o desexo, o medo e a fascinación.
A presenza en escena de Esperanza Mara, chelista e soprano, farán que o público poida disfrutar dunha velada teatral, pero tamén musical.
A representación completarase cunha pequena exposición dedicada á vida, obra e legado de Manuel Lourenzo. Un convite a descubrir e celebrar a memoria dun creador que deixou unha pegada imborrable no teatro galego.
(Espectáculo recomendado para maiores de 12 anos)
O Doutor: Xurxo Cortázar
Harker: Teo Piñeiro
Mina: Sophia Rodal
Chelista e cantante: Esperanza Mara
Banda sonora: Iago Hermo
Deseño de luz: Violeta Martínez
Espazo escénico: Beatriz de Vega
Figurinista: Carlos Pinilla
Produción: Esther F. Carrodeguas
Dirección: Xavier Castiñeira
Venda de entradas:
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

31 de julio de 2026
Con la colaboración de la Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades

3 de julio de 2026
Falleció tras 20 años de vida en el acuario coruñés

3 de julio de 2026
Una muestra colectiva de historietas de cómic que abordan diferentes perspectivas de los eclipses.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible