Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de xullo de 2026

O Aquarium Finisterrae despide a Gastón, a súa quenlla touro

Faleceu tras 20 anos de vida no acuario coruñés

O Aquarium Finisterrae despide a un dos seus habitantes máis emblemáticos, o quenlla touro Gastón. A súa impoñente elegancia e a fortaleza que transmitía cativou aos miles de persoas que visitaron a sala Nautilus no acuario coruñés. A súa presenza logrou transformar o temor en admiración, sementando o respecto polos grandes depredadores oceánicos.

Gastón naceu nas frías augas da costa surafricana e chegou con 3 anos de idade ao Oceanópolis, o acuario de Brest. Cando alcanzou 180 cm de lonxitude e 50 kg, os problemas de convivencia con outros exemplares da súa especie fixeron que os seus coidadores buscasen un lugar onde trasladalo, e así chegou ao Aquarium Finisterrae, en febreiro de 2006. Aquí viviu estes últimos 20 anos, chegando a medir máis de 2 metros e medio de lonxitude e alcanzando unha idade duns 30 anos. En estado salvaxe esta especie adoita vivir uns 15-20 anos.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión