Espectáculo para a primeira infancia
Familias, Infancia
03/11/2026
Desde el 30/10/2026 hasta el 03/11/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
35 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
30 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Nano é unha pequena ra aventureira que non para de aprender... Mais un día aparece un paxaro vermello, pequeno coma el... Que pasará? Narración oral con eixes centrais como a aprendizaxe, o acto de compartir coas demais persoas e a importancia de resolver os conflitos dun xeito natural.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:
Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

31 de julio de 2026
Con la colaboración de la Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades

3 de julio de 2026
Falleció tras 20 años de vida en el acuario coruñés

3 de julio de 2026
Una muestra colectiva de historietas de cómic que abordan diferentes perspectivas de los eclipses.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible