Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Charla: "Encontro no fin do mundo", a cargo de Aurora Irene Paz Viruet

Actividade enmarcada dentro do Ciclo temático "Regreso ao pasado: historia ignota"

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

02/03/2026

Inscripciones:

Acceso libre até completar capacidade

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Dirección:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 2 de marzo ás 19 h., na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos a unha charla a cargo de Aurora Irene Paz Viruet, baixo o título "Encontros no fin do mundo: os navegantes do mediterráneo e a cultura "castrexa" na ruta atlántica do estaño"

Unha das máis fascinantes culturas da Idade do Ferro mediterránea é a fenicia-púnica: eses navegantes, comerciantes, exploradores na busca de novas rutas e aventureiros dos mares... A súa valentía á hora de lanzarse ao descoñecido quedou reflectida en varios periplos, un deles sobre un tal Hilmicón que buscaba as míticas "Illas Cassitérides" ou Illas do Estaño polo Atlántico norte. Autores clásicos como Estrabón, Avieno ou Plinio o Vello mencionaban a existencia deste lugar, unha ruta alternativa polo Oeste cara o escaso estaño, preciado metal necesario para a metalurxia do bronce. Pero, qué había de verdade nelo?, e, ónde poderían atoparse aquelas míticas Cassitérides? Cal podería ter sido aquel portus magnus artabrorum do que tamén falaban as fontes clásicas...?

Xa hai algunhas centurias que investigadores como José Cornide preguntábanse o mesmo. E, finalmente, a Arqueoloxía moderna puido probar a presenza dos antigos pobos mediterráneos do sur peninsular no noroeste xa dende finais da Idade do Bronce, séculos antes da conquista romana.

Nesta charla abordaremos as características culturais dos pobos fenicio-púnicos e a súa materialidade achada nos castros da nosa terra ata o momento (doas de colar, cerámicas "de prestixio" procedentes de Cádiz ou Ibiza...), nomeadamente no mundo ártabro do Castro de Elviña (A Coruña), e cómo estas dúas civilizacións e formas de entender o mundo se atoparon no I milenio a.C., unindo o Atlántico e o Mediterráneo, e desenvolvendo un proveitoso intercambio cultural cuias repercusións estamos empezando a comprender.

Acceso libre até completar capacidade.

También te puede interesar

Novedades

Noticias

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión