23 de xuño de 2023
Do 1 de xullo ao 31 de agosto a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán de 10.00 h a 20.00 h, con peche de acceso ás 19.00 h no Aquarium e ás 19.30 h na Casa das Ciencias e Domus.
Os Museos Científicos Coruñeses estrean este sábado 1 de xullo o seu horario de verán, que se estenderá ata o xoves 31 de agosto. Durante eses dous meses abrirán as súas portas desde as 10.00 h ata as 20.00 h, aínda que o acceso pechará ás 19.00 h no Aquarium Finisterrae e ás 19.30 h na Casa das Ciencias e a Domus. Ademais contarán cunha programación especial de sesións de planetario, actividades e proxeccións audiovisuais.
Na Casa das Ciencias, ademais das exposicións interactivas que se expoñen nos seus catro andares, o planetario ofrecerá a diario cinco sesións para diferentes públicos, para as que é posible adquirir entradas desde as 10.00 h do mesmo día da sesión:
Ademais, a fin de semana do 15 e 16 de xullo, coincidindo co aniversario do falecemento de Rosalía de Castro (15 de xullo de 1885), desde o planetario explicaremos como atopar a estrela Rosalía no firmamento. E do 11 ao 17 de agosto todas as sesións de planetario dedicarán uns minutos para explicar como ver a choiva de estrelas das Perseidas.
A Domus ofrecerá ao seu público as numerosas experiencias interactivas de exposicións como «Bocados», sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible; «Xogo de neuronas», sobre a mente e a intelixencia humana; ou a mostra «Homínidos e homínidas», sobre as nosas orixes e a evolución dos trazos que nos identifican.
Tamén incluirá na súa programación sesións de cinema científico:
No Aquarium Finisterrae, ademais de novidades nos seus espazos expositivos, ofreceranse diversas actividades e obradoiros sen necesidade de inscrición nin custo adicional á entrada de acceso ao museo:

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible