Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de marzo de 2022

Os Museos Científicos Coruñeses acollen concertos do ciclo «Latexos», da agrupación Vertixe Sonora

O primeiro dos concertos terá lugar o mércores 23 de marzo no Planetario da Casa das Ciencias.

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae serán escenario de cinco concertos do ciclo «Latexos», organizado pola agrupación Vertixe Sonora, representante española da International Society for Contemporary Music (ISCM, organizadora dos World Music Days) en recoñecemento a dez anos de traballo entusiasta dos artistas sonoros, artistas plásticos, músicos de jazz, intérpretes clásicos e xente do teatro e a danza que a conforman.

Os concertos, algúns dirixidos a público xeral e outros a escolares, explorarán diferentes sensibilidades da música contemporánea actual desde a premisa da creación, a innovación, a integración e a achega de experiencias estimulantes, como o denominado concerto acusmático, que consiste en sesións para escolares con formatos variados.

Estes son os 3 concertos que se celebrarán nos Museos Científicos da Coruña, dirixidos a público xeral:

«Entullos». Concerto acusmático acompañado de proxeccións. Terá lugar no Planetario da Casa das Ciencias o mércores 23 de marzo ás 20.00 horas. Trátase dun proxecto de Vertixe Sonora dirixido polo violinista Roberto Alonso e o compositor Marek Poliks na Hong Kong Baptiste University. Presentaranse un conxunto de composicións electrónicas de David Q. Nguyen, Bihe Wen, Stylianos Dimou, Didem Coskunseven e Kyoka Matsuzawa.

A entrada será libre ata completar o capacidade. Repartiranse os convites media hora antes do comezo do concerto, na recepción da Casa das Ciencias.

«SaX-Xperience». Celebrarase o 20 de abril no Aquarium Finisterrae ás 20.00 horas. Trátase dun proxecto desenvolvido na aula de música contemporánea do Conservatorio Superior de Música da Coruña baixo a dirección de Pablo Coello, de Vertixe Sonora.

«Smart Alienation». Concerto na Domus o 26 de abril ás 20.00 horas. Este é outro dos proxectos desenvolvidos na aula de música contemporánea do Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Ademais, haberá 2 concertos para escolares na Domus:

«Mundo pequeno». O luns 28 de marzo ás 12.00 horas. Esta é unha sesión didáctica á que asistirán escolares de Ensino Secundario da Coruña. Presentaranse composicións de Lula Romeu, Luc Döbereiner e Jeremías Iturra, xunto á estrea en Europa da composición de Wolf Edwards.

«ChumA». Concerto didáctico con asistencia de escolares, o 25 de abril. As composicións que se presentarán, Swallow! e Borracho Dixital, fan referencia á desenfreada fascinación do ser humano contemporáneo pola tecnoloxía.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión