Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de novembro de 2023

Programación de Nadal nos Museos Científicos Coruñeses

Do 23 de decembro ao 7 de xaneiro haberá diversas actividades e proxeccións.

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae programaron actividades e proxeccións para as vacacións escolares de Nadal (do 23 de decembro ao 7 de xaneiro), que se suman á oferta habitual de exposicións interactivas dos tres museos.

Na Casa das Ciencias haberá catro sesións diarias:

Do 23 ao 31 de decembro (o 24 e 31 non haberá as sesións da tarde) :

  • 11.30 h. Polaris (+ 7 anos, galego)
  • 13.00 h. La noche es necesaria (+10 anos, castelán)
  • 17.00 h. Hazelnuts, en busca del planeta perfecto (de 4 a 7 anos, castelán)
  • 18.00 h. Sesión en directo sobre a Vía Láctea (+10 anos)

Do 2 ao 7 de xaneiro:

  • 11.30 h. Polaris (+7 anos, galego)
  • 13.00 h. Sesión en directo sobre a Vía Láctea
  • 17.00 h. Hazelnuts, en busca del planeta perfecto (de 4 a 7 anos, castelán)

Na Domus proxectaranse dous títulos na súa sala de cinema:

  • «Maa-Yiem, la extraordinaria historia de Jordi Sabater Pi». Un documental sobre a traxectoria deste científico autodidacta que se converteu, tras viaxar ás selvas de Africa, nun dos pais da moderna primatoloxía. Premio Prisma 2023 ao mellor traballo en vídeo. Todos os días ás 12.00 horas
  • «La mujer que soñaba con números». Un documental sobre a vida de María Andresa Casamayor de la Coma, autora do texto científico máis antigo que se conserva escrito por unha muller española. Premio Prisma 2023 ao mellor proxecto singular. Todos os días ás 16.30 horas (excepto 24 e 31 de decembro).

No Aquarium Finisterrae haberá dúas actividades:

  • As focas do Aquarium. Charla co público asistente á alimentación das focas nas piscinas exteriores. Todos os días ás 12.00 e 17.00 horas.
  • Tiburóns á vista. Obradoiro experimental sobre curiosidades das quenllas. Do 23 ao 30 de decembro, todos os días ás 18.00 horas. (agás o 24 de decembro).

Horarios de apertura

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán en decembro de luns a domingo de 10.00 a 19.00 horas. O 24 e o 31 de decembro abrirán de 10.00 a 14.00 horas.

En xaneiro o horario será de 10.00 a 19.00 horas de luns a venres, sábados, domingos e festivos de 11.00 a 19.00 horas, (útlimo acceso ás 17.00 horas no Aquarium, ás 17.30 na Casa das Ciencias e Domus).

Os accesos péchanse unha hora antes da hora de peche no Aquarium Finisterrae e 30 minutos antes do peche na Casa das Ciencias e Domus.

Estará pechado o 25 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión