De Marta Alonso Tejada
Para público en general
09/10/2026
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
70 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Calle Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
8'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
Danza moderna e contemporánea, teatro/clown
Dance Join é un espectáculo de danza e clown que explora con ironía e diversión os ritmos imposibles da vida contemporánea.
Catro personaxes en escena -unha artista DJ, a súa produtora, a técnica e a community manager da compañía- loitan por manterse á altura das expectativas: multitarefa, hiperprodutividade, éxito, autoimaxe...
Un xogo escénico que transita entre o esgotamento e a celebración, entre o caos e o pracer do movemento compartido.
A peza propón un formato interactivo no que o público é convidado a participar e a transformar o espazo escénico.
Ao final, Dance Join expándese: convértese nunha pista de baile colectiva, onde soltar as presións e reencontrarse co corpo, a comunidade e a alegría.
Intérpretes: Marta Alonso Tejada
Dirección: Pablo Reboleiro e Marta Alonso Tejada
Coreografía: Xián Martínez
Movemento: Rut Balvís
Asistencia de dirección e dramaturxia: Marían Bañobre
Deseño de vestiario e escenografía: Xabier Mujica
Escenografía: Juan Bas
Espazo Sonoro e música: Mounqup
Iluminación: Ángel Sousa
Duración: 70 minutos
Venda de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

15 de mayo de 2026
Está instalada en la explanada exterior de acceso al museo

30 de abril de 2026
Será el 9 de mayo en los Jardines de Méndez Núñez, de 11 a 19 horas

28 de abril de 2026
Se trata de Jinzi, una foca macho procedente del Oceanogràfic de Valencia
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible