De Compañía Colombiana de Danza Contemporánea/ Incolballet de Cali (CCDC)
Para público en general
10/05/2026
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
60 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Calle Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
12'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
Danza contemporánea
A decadencia espiritual preséntase como un espello da sociedade contemporánea onde a fragmentación interna dos individuos reflicte a desconexión colectiva e a loita por encontrar un sentido nun mundo que parece desintegrarse.
A través da danza, os integrantes encarnan a perda do propósito e a desconexión co eu, mostrando como as presións externas e a búsqueda superficial da salvación conducen a unha crise espiritual compartida.
A (CCDC), fundada no ano 2015, destácase polo seu compromiso coa excelencia artística e a promoción da danza contemporánea en Colombia. Cun elenco composto principalmente por bailaríns egresados do Instituto Colombiano de Ballet Clásico INCOLBALLET. A compañía busca constantemente fomentar un ambiente colaborativo onde artistas de diversas orixes e estilos poden contribuír á riqueza e variedade das súas producións, consolidándose como un referente destacado no panorama da danza contemporánea en Colombia.
Intérpretes:
Compañía Colombiana de Danza Contemporánea (11 intérpretes) da CCDC.
Coreógrafo: Julio César Iglesias
Maestro Ensaiador: Arlai González Padín
Música: Julio César Iglesias
Deseño de Iluminación : Mauricio Ordóñez
Vestiario: Taller de Vestuario INCOLBALLET
Duración: 60 minutos
Entradas: Tarifa A
Venda de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

4 de febrero de 2026
Nueva exposición fotográfica en el Pasillo López Seoane del Aquarium Finisterrae

30 de enero de 2026
Una colección de fotografías de Fernando Moleres sobre el impacto de la actividad humana en el medio ambiente

12 de enero de 2026
MiniDomus es un espacio pensado para aprender haciendo, donde cada actividad invita a experimentar, compartir y descubrir el mundo con asombro.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible