16 de marzo de 2026
A preinscrición nas actividades, todas elas gratuítas, abriranse este mércores 18 de marzo, ás 9.00 horas
O Concello, a través da rede municipal de Museos Científicos Coruñeses e en colaboración coa Agrupación Astronómica Ío, convoca talleres formativos sobre a observación de eclipses, dirixidos especificamente a profesorado, persoal técnico de cultura e profesionais de atención sociocultural, co obxectivo de que despois lle poidan transmitir os coñecementos ao conxunto da cidadanía.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, lembrou que o vindeiro 12 de agosto, na cidade da Coruña será posible ver unha eclipse total de Sol, un evento excepcional e único "que atraerá a milleiros de visitantes" e para o que é importante prepararse con antelación.
Os talleres organizados na Casa das Ciencias buscan, precisamente, contribuír a este obxectivo de formación. Terán lugar os días 26 de marzo, 16 e 30 de abril, 14 e 21 de maio, en horario das 17.00 ás 19.00 horas.
Cada actividade comezará cunha sesión no planetario, onde se explicará a xeometría das eclipses e se indicarán os mellores lugares para ver a próxima eclipse do 12 de agosto desde A Coruña e os seus arredores. A segunda parte da actividade terá lugar na sala de actividades do museo, situada no seu edificio xunto á fonte da bóla dentro do parque de Santa Margarida, onde se abordarán as dúbidas das persoas participantes e se construirá unha cámara escura cunha caixa de cartón, instrumento que permite observar calquera eclipse de Sol con total seguridade para os nosos ollos.
Esta actividade é gratuíta e para participar só será necesario preinscribirse a través deste formulario en liña, a partir das 9.00 horas deste mércores 18 de marzo. Todo o material necesario para participar no taller proporcionarao o museo. A Casa das Ciencias programará máis adiante outras actividades sobre a observación da eclipse abertas á cidadanía en xeral.

4 de febrero de 2026
Nueva exposición fotográfica en el Pasillo López Seoane del Aquarium Finisterrae

30 de enero de 2026
Una colección de fotografías de Fernando Moleres sobre el impacto de la actividad humana en el medio ambiente

12 de enero de 2026
MiniDomus es un espacio pensado para aprender haciendo, donde cada actividad invita a experimentar, compartir y descubrir el mundo con asombro.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible