“Luís Seoane. Loita antifascista a punta de lapis”, unha exposición sobre o álbum das “13 estampas da traizón” de Luís Seoane e conferencia de Pepe Barro.
Para público en general
Desde el 13/07/2026 hasta el 18/07/2026
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
de balde
agra@galizacultura.gal
A Asociación veciñal Agra expón as táboas sobre as que reproduciu o álbum de Luís Seoane "13 estampas de la traición", coa colaboración da Fundación Luís Seoane e unha axuda económica da Deputación da Coruña.
Partícipe do movemento memorialista, a asociación Agra organiza esta mostra para alentar a conciencia e memoria democrática. Hai 90 anos do golpe de estado de 1936. Os sublevados fracasaron no seu intento de dominar todo o estado, mais en vez de renunciar ao seu asalto violento optaron por levar a cabo unha guerra que coa axuda dos exércitos de Hitler e Mussolini terminou coa construción dunha ditadura fascista que durante case catro décadas foi responsable de terribles violacións de dereitos humanos.
As secuelas daquel réxime terrible inda campan na actualidade: hai milleiros de persoas desaparecidas pola violencia dos fascistas, miles de propiedades que non regresaron aos donos/as lexítimos/as e monumentos e viarios que celebran a victoria dos tres exércitos fascistas e enaltecen quen participaron do golpe ou se beneficiaron del e da falta de liberdades. En tempos en que a democracia e as liberdades están ameazadas pola sombra renovada do fascismo é especialmente importante mostrar públicamente o rexeitamento a formas de intolerancia e reafirmar o compromiso coas diversidades políticas e rexeitar firmemente os intentos por restrinxir dereitos fundamentais.
Trece estampas de la traiciónFoi o primeiro álbum de debuxos de Luís Seoane; foi editado en 1937, cando Seoane tiña 27 anos, meses despois de que comezase o seu exilio en Bos Aires, a cidade que o vira nacer. Este álbum formou parte das diversas publicacións que integraron a campaña de propaganda no exterior levadas a cabo polo goberno español.
"Nos trece debuxos que compoñen o álbum, catorce incluíndo a portada, Seoane pon de manifesto a inmoralidade do conflicto e os horrores da represión fascista, sinalando aos seus principais responsables, con Franco á cabeza, e denunciando os sufrimentos e as inxustizas infrinxidas á poboación civil." (parágrafo recollido na web da Fundacón Luís Seoane: https://fundacionluisseoane.gal/.../trece-estampas-de-la.../)
Conferencia de Pepe Barro o xoves 16 de xullo ás 19 h na aula 9.
A exposición compleméntase coa conferencia Xestualidade e dramatismo das "13 estampas da traizón" de Xosé María Pérez Barro, deseñador, ilustrador e escritor galego coñecido como Pepe Barro.
Exposición e conferencia, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.
Prezo: de balde
Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

3 de julio de 2026
Falleció tras 20 años de vida en el acuario coruñés

3 de julio de 2026
Una muestra colectiva de historietas de cómic que abordan diferentes perspectivas de los eclipses.

26 de junio de 2026
La Casa de las Ciencias estrena «3CLIPSE», una experiencia inmersiva para descubrir los eclipses solares del 2026, 2027 y 2028
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible