22 de octubre de 2020
O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, reuniuse está mañá coa directiva da Asociación de Emprendedores de Galicia que expresou o seu apoio aos proxectos de humanización que está levando a cabo o concello
.- O concelleiro de Urbanismo e Moblidade, Juan Díaz Villoslada, reuniuse esta mañá con persoas representantes da Asociación de Emprendedores de Galicia (ASCEGA), para analizaren, entre outras cuestións, os proxectos de mobilidade, urbanísticos e de infraestruturas que está levando a cabo o Concello, e en que medida contribúen a reactivar o tecido económico e empresarial da cidade nesta situación de crise en que nos atopamos.
Villoslada destacou como as peonalizacións, que nun primeiro momento se realizaron para garantir a distancia social durante a desescalada, favorecen a reactivación da economía local, en especial no sector da hostalaría e do comercio e, ao mesmo tempo, son un eixe fundamental na construción de cidade que o Goberno local está deseñando para os próximos anos. Neste senso, o presidente de Ascega, Alfonso Salazar, trasladoulle ao edil o apoio da entidade aos plans de humanización que está a realizar o concello encamiñados a gañar espazos públicos de calidade para as persoas.
E, por último, o concelleiro explicoulles que os técnicos de Urbanismo dispoñen xa dunha interpretación única da normativa que permite axilizar os trámites na concesión de licenzas urbanísticas.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible