Concello da Coruña

Concello da Coruña

SCGAPORT

Achega de documentación e/ou alegacións a un expediente

Canles:

Presencial, Telemático

Materia:

Sector público, Trámites e xestións

Vixente:

Si

Acto de trámite que consiste na achega de documentación e/ou alegacións a un expediente xa aberto, ben por iniciativa da persoa interesada ou como resposta a un requirimento previo do concello

Achega de documentación

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Están lexitimadas para solicitar, ben por si mesmas ou por medio de representante, as persoas interesadas no expediente de que se trate, ou ben aquelas ás que a Administración municipal lle solicitase a achega de documentos ao dito expediente.

Requisitos:

Cubrir a solicitude. Imprimila se a presentación vai ser presencial, e achegar a documentación que se queira presentar.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Non procede resolución, senón incorporación ao expediente correspondente

Máis información:

A cidadanía pode dirixirse por escrito ao concello cubrindo o modelo de solicitude xeral.

Presentación

Prazo de presentación:

Para a corrección de documentación, como regra xeral o prazo de presentación será de 10 días hábiles que se contarán dende o día seguinte á notificación do requirimento de corrección da solicitude, sen prexuízo dos prazos concretos asignados pola lexislación específica.

No resto dos casos os interesados poderán aducir alegacións e achegar documentos ou outros elementos de xuízo en calquera momento do procedemento anterior ao trámite de audiencia.

Documentación necesaria:

Dependerá do solicitado.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Nas oficinas de rexistro municipais, con cita previa así como nos rexistros doutras administracións públicas estará dispoñible o formulario de solicitude xeral, que tamén pode descargar dende esta páxina.

Tamén se poderán remitir mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral, con cita previa en calquera das localizacións sinaladas no apartado seguinte.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Debe ter preparados os ficheiros que necesite para documentar a emenda ou achega de documentación que solicita.

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Será necesario coñecer e achegar o número do expediente ao que a información achegada se vai engadir.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitación telemática

Teléfono

Despois

Sentido do silencio administrativo:

Non procede

E despois?:

Ao ser un acto de trámite, a presentación cusará os efectos correspondentes no expediente relacionado.

Outras versións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión