Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Aprobada a Instrución sobre o uso dos Vehículos de Mobilidade Persoal

VEHÍCULOS DE MOBILIDADE PERSOAL (VMP)

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica a Resolución do concelleiro delegado de Urbanismo, Infraestruturas, Vivenda e Mobilidade, Juan Manuel Díaz Villoslada, por delegación da Xunta de Goberno Local.

Aproba a "Instrución sobre a regulación de uso dos Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP) no Concello da Coruña"

A instrución, que foi elaborada no marco do proceso de desenvolvemento da Declaración da Coruña por unha Mobilidade máis Sostible, aprobouse por unanimidade no Pleno do Concello na súa sesión do 3 de outubro de 2019.

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, ante a recente aparición e proliferación de novos medios de mobilidade e transporte no ámbito preferentemente urbano, e tendo en conta a falta dunha regulación específica deste tipo de aparellos na normativa estatal, considerou conveniente a elaboración dunha instrución municipal que regule as condicións de utilización e circulación destes.

Este tipo de aparellos clasificáronse como vehículos baixo a denominación de Vehículos de Mobilidade Persoal ( VMP) ou Vehículos de Mobilidade Urbana (VMU).

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión