Concello da Coruña

Concello da Coruña

Friday Mobility Night

O venres 19 de Maio A Coruña celebrou o "Friday Mobility Night". Dentro do plan "Coruña Toda 30", ruta realizada polo Club Galicia Rollers.

Volvemos anunciar uns dos nosos eventos favoritos, FRIDAY MOBILITY NIGHT cunha ruta sinxela para volver a patinar polas rúas da cidade con saída e chegada en María Pita, na que participan todos os usuarios de Bicicletas, VMP, patíns, patinetes, skates e todo tipo de vehículos de mobilidade persoal.

Para asistir ao evento poden inscribirse antes do 19 de Maio ⇒ pulsar

Lembra as normas de seguridade en ruta ⇒ pulsar

Lembra que no caso de que non deas chegado sempre podes unirte en calquera momento se consultas o percorrido. A organización, se o considera oportuno, poderá realizar as modificacións mesmo coa ruta comezada.

19 maio 2023 ás 21:30 !!

Podes acceder ao percorrido desde aquí.

A Alcaldesa, Inés Rey e o Concelleiro de Mobilidade, Francisco Díaz, participaron no percorrido fomentanto unha mobilidade alternativa para a cidade da Coruña.

  • Saída e chegada. Praza de María Pita
  • Tipo ruta. Circular
  • Nivel. Medio
  • Distancia. 16 km
  • Duración aprox. 2 horas
  • Prezo. De balde

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión