Concello da Coruña

Concello da Coruña

Nova web do bus urbano

A Compañía de Tranvías da Coruña presenta a súa nova páxina web do servizo.

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, asistiu á presentación da nova páxina web da Compañía de Tranvías da Coruña, así como dos novos certificados de calidade conseguidos pola empresa, calidade avalada polas persoas usuarias cada ano nas enquisas de satisfacción realizadas.

A presentación tivo lugar no Obelisco da Mobilidade, no marco da celebración da Semana Europea da Mobilidade.

Unha actualización que aposta polo minimalismo e que lles permitirá ás persoas usuarias comparar o percorrido que fan as diferentes liñas da cidade.

O número de viaxeiros/as dos tranvías da Coruña aumentou. As cifras de persoas que os usan achéganse así aos datos de 2019, ano de máximos históricos.

Ignacio Prada, director da compañía de tranvías, entende que as rebaixas do 30 por cento no transporte urbano impulsaron o crecemento.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión