"Noite de San Xoán"
1) DISPOSITIVO ESPECIAL CON 9 LANZADEIRAS
Con motivo da celebración da Noite de San Xoán e co obxecto de que non sexa necesaria a utilización de vehículos particulares, deseñouse un dispositivo especial desde a Praza de Pontevedra, consistente en 9 lanzadeiras que estarán operativas entre as 00:15 horas e as 02:30 horas do día 24 de xuño.
Mediante este dispositivo especial "Noite de San Xoán" comunicarase a contorna da Praza de Pontevedra cos distintos barrios da cidade. Co obxecto de que resulte máis familiar a identificación do destino de cada unha das lanzadeiras mantéñense os números das liñas e as súas denominacións, coincidentes con cada unha das zonas ás que prestan servizo, segundo o seguinte detalle:
Liña 1: Saída da Praza de Pontevedra, incorporándose na Praza de Ourense ao seu itinerario habitual. Circulará pola Avda. de Oza en lugar de facelo pola Avda. do Exército. Deste xeito prestarase servizo á Gaiteira, aos Castros e ao Castrillón, baixando pola Avda. de Monelos.
Liña 1A: Saída da Praza de Pontevedra, incorporándose na Praza de Ourense ao seu itinerario habitual. Con este servizo atenderase a zona de Salvador de Madariaga, Paxariñas, Matogrande, Barrio das Flores, Eirís, Pedralonga e A Pasaxe; se ben a esta última chegarase se hai persoas usuarias que o demanden. No caso contrario, dará a volta para retornar á Praza de Pontevedra.
Liña 3: Prestará servizo desde a Praza de Pontevedra ata Os Rosales seguindo o seu itinerario habitual neste tramo, atendendo Cidade Escolar, Labañou, Os Rosales e San Pedro de Visma.
Liña (3A) Circular Cidade Vella - Monte Alto: Da Praza de Pontevedra a Monte Alto, prestará servizo co seguinte itinerario: Praza de Pontevedra, Obelisco, Porta Real, Parrote, Maestranza, Orillamar, Adormideiras, Rolda de Monte Alto, Mercado de Hércules, Avda. de Hércules, rúa da Torre, Praza de España, Hípica, Abente y Lago, Obelisco e Praza de Pontevedra
Liña 6: Da Praza de Pontevedra a Meicende, prestando servizo ás zonas de Paseo das Pontes-Santa Margarida, parte alta da Sagrada Familia, Agra do Orzán e Ventorrillo, na súa parte máis próxima á Avda. de Finisterre, continuando pola Moura ata Meicende.
Liña 7: Da Praza de Pontevedra ao Ventorrillo atendendo a Peruleiro, Rolda de Outeiro, Agra do Orzán e toda a contorna de Vila de Negreira.
Liña 11: Da Praza de Pontevedra aos Mallos. Prestará servizo a Pla y Cancela, contorna da Rolda de Nelle (zona Mallos), Mallos, Vioño e parte baixa da Sagrada Familia.
Liña 21. Da Praza de Pontevedra a Novo Mesoiro, prestando servizo á contorna de Catro Camiños-Corte Inglés, Segunda Fase de Elviña, Pablo Picasso, Birloque, Martinete, Mesoiro e Novo Mesoiro.
Liña 24: Da Praza de Pontevedra á Zapateira, fará o itinerario habitual da liña 24; a primeira saída será ás 00:30 horas, mantendo unha saída cada 30 minutos ata as 02:30 horas.
2) DISPOSITIVO ESPECIAL BUS BÚHO
A partir das 03:00 horas do día 24 de xuño quedará en servizo o Búho, con saídas ás horas en punto e ás medias. Realizará a súa última saída ás 07:00 horas.
O servizo das horas seguirá o seguinte itinerario: Praza de Pontevedra, Avda. de Hércules, Praza de España, Praza de Pontevedra, Praza de Ourense, Catro Camiños, Os Castros, O Castrillón, Eirís, Santa Xema (Pedralonga), Alfonso Molina (Matogrande), Birloque, 2ª fase de Elviña, Estación FFCC, Rolda de Outeiro, Labañou, Praza de Portugal, Praza de Pontevedra.
O servizo das medias farao en sentido inverso, é dicir, Praza de Pontevedra, Avda. de Hércules, Praza de España, Praza de Pontevedra, Labañou, Rolda de Outeiro, Estación FFCC, Birloque, Mesoiro, Pocomaco, Barrio das Flores, O Castrillón, Os Castros, Catro Camiños, Praza de Ourense, Praza de Pontevedra.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible