Concello da Coruña

Concello da Coruña

Solicitude de atestado por accidente de circulación

En que consiste?:

Informe técnico do equipo de Atestados da Policía Local da Coruña, co estudo sobre as circunstancias que rodean o accidente (datos das persoas implicadas, desenvolvemento dos feitos, responsabilidade, reportaxe fotográfica e esbozo)

Onde se fai?:

Nas oficinas do Rexistro que o Concello ten habilitadas en:

Palacio Municipal. Praza de María Pita, núm. 1. CP 15001 A Coruña
Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos, núm. 1. CP 15006 A Coruña
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela, núm. 17. CP 15010 A Coruña

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

- Cubrir e entregar o impreso de solicitude

Unha vez recibida a solicitude en Atestados de Policía Local, informarase a persoa solicitante se existe ou non atestado co fin de que, se o hai, poida recollelo.

- Aboar (unha vez confirmado que existe atestado) na Área Económica Municipal (rúa Franxa, 20, baixo) a taxa establecida na ordenanza fiscal

Como se fai?:

O impreso de solicitude pódese:

- Entregar na oficinas do Rexistro Xeral Municipal ou

- Enviar ao fax núm. 981184240

Internet

Páxina web:

Sede electrónica

Teléfono

Máis información:

Entrega do atestado:

De forma presencial na oficina de Atestados da Policía Local da Coruña, na rúa Tui, núm. 21.

É necesario entregar o xustificante de aboamento da taxa correspondente, logo do pago previo na Área Económica Municipal.

Para aseguradoras do resto do territorio nacional, os atestados serán retirados por persoal das empresas de mensaxería que contraten ou persoa autorizada por elas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión