Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Declaración de alta, baixa ou variación na taxa de recollida de lixo industrial e vaos

En que consiste?:

Declaración de alta, baixa ou variación no censo da taxa por recollida e tratamento de residuos en actividades económicas (lixo industrial). É obrigatoria a presentación da declaración de alta na taxa de lixo en locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesional ou artísticas, de acordo co establecido no artigo 2 da Ordenanza fiscal núm. 6.

Importante: o lixo dos domicilios xestiónase a través do recibo da Empresa Municipal de Augas da Coruña, S.A., pode obter información sobre tarifas, altas e baixas de subministración, cambios de titularidade e demais xestións na web de EMALCSA.

Declaración de alta, baixa ou variación no censo da taxa por entrada de vehículos. É obrigatoria a declaración de alta cando exista utilización privativa ou aproveitamento como entrada de vehículos en inmobles de calquera destino, realizada a través de terreos destinados ao uso público.

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 que ocupen ou utilicen os locais ou establecementos situados nos lugares ou vías públicas en que se preste o servizo de recollida e tratamento, xa sexa a título de persoa propietaria ou arrendataria.

No caso dos vaos, a persoa solicitante da licenza correspondente ou se o aproveitamento se realizase sen obter licenza, a persoa propietaria do inmoble ou da empresa que utilizase a entrada ou reserva.

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Enderezo:

Rúa Franja 20. 15001 A Coruña

Que se necesita?:

  • Impreso de solicitude que se adxunta na información relacionada.
  • No caso de persoas xurídicas debe acreditar a representación (poder notarial ou origibal de escritura da sociedade onde conste a debida representación).
  • No caso de persoas físicas que actúen mediante representante poder notarial ou autorización asinada por representante e representado e copia do NIF do representado.
  • Orixinal do documento acreditativo do alta, baixa ou variación no censo de Actividades Económicas.
  • No caso dos vaos, resolución da licenza que autorice o aproveitamento.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Enderezos:
    • Concello da Coruña. Praza de María Pita, 1. C.P. 15001 A Coruña.
    • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos, 1. C.P. 15006 A Coruña.
    • Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela, 17. C.P. 15010 A Coruña.
    • Rexistro Área Económica. Rúa da Franxa, 20. C.P. 15001 A Coruña.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión