Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Subvencións para o mantemento de taxis adaptados a persoas con discapacidade
En que consiste?:
Axudas económicas individuais, persoais e intransferibles que se conceden a titulares dun taxi adaptado para o transporte de clientela con mobilidade reducida ou discapacidade, cuxa finalidade é o mantemento e compensación de gastos polos equipos adaptados nos taxis.
A quen vai dirixido?:
Persoas titulares dun taxi adaptado para o transporte de clientela con mobilidade reducida ou con discapacidade, no municipio da Coruña.
Canles de presentación
Presencial
Que se necesita?:
Copia cotexada da licenza de taxista.
Certificación dos datos bancarios da persoa solicitante, na que se inclúa o nome ou denominación social, CIF ou NIF e o número de conta bancaria (en formato IBAN).
Facturas ou documentos acreditativos do pago dos gastos subvencionables do vehículo adaptado.
Declaración responsable de non estar incluído en ningún dos supostos de prohibición aos que se refire o artigo 13 da Lei xeral de subvencións.
Certificación doutras subvencións solicitadas e das que lle foron concedidas para a mesma actividade ou proxecto obxecto da solicitude de subvención, procedente de calquera Administración, ente público ou privado, nacional ou internacional.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible