Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Tarxeta que permite estacionar nas zonas reservadas para residentes no sector que figure na tarxeta e na franxa horaria que ocupa a zona ORA.
A solicitude poderase presentar, enviando un correo electrónico á empresa:
Prazo de solicitude:
Desde o 15 de decembro de 2020 ao 30 de xaneiro 2021 (os dous incluídos). Fóra do devandito prazo, con carácter excepcional, soamente se poderán solicitar tarxetas para novos vehículos, por cambio de domicilio ou outras causas debidamente xustificadas. Deberase entregar, se é o caso, a tarxeta que a persoa solicitante xa tiver no seu poder.
As persoas que soliciten a tarxeta fóra de prazo, así mesmo acudirán ás oficinas habilitadas para o efecto da empresa concesionaria SETEX, na avda. de Fernández Latorre, 11, ou a través de correo electrónico, residentes@coruna.setex.es, achegarán a documentación necesaria, e xustificarán documentalmente a solicitude fóra de prazo. Para solicitude presencial, cómpre solicitar a cita previa no teléfono 881 123 938.
RENOVACIÓNS:
A persoa que solicite a renovación da súa tarxeta de residente, e sempre que non modificase as condicións que lle dean dereito a ela, deberá enviar por correo electrónico a residentes@coruna.setex.es a seguinte documentación, debidamente cuberta:
Unha vez recibida e comprobada a dita documentación, a persoa usuaria recibirá un correo electrónico coa confirmación da alta como usuaria residente para o ano 2021, e poñeráselle á súa disposición a dita tarxeta, que será enviada a través de correo ordinario.
No caso de que a persoa usuaria non poida acceder por medios telemáticos, deberá presentar persoalmente, obtendo cita previa no teléfono 881 123 938, a documentación e, unha vez comprobada esta, avisarase telefonicamente e confirmaráselle a alta como usuaria residente para o ano 2021. Poñeráselle á súa disposición a dita tarxeta, que lle será enviada, a través de correo ordinario.
NOVAS ALTAS:
A persoa que desexe solicitar por PRIMEIRA VEZ a súa tarxeta de residente deberá remitir por correo electrónico residentes@coruna.setex.es a seguinte documentación:
Unha vez recibida e comprobada a documentación, a persoa usuaria recibirá un correo electrónico no que será informada do dereito ou non ao acceso á dita tarxeta. En caso afirmativo, a persoa usuaria deberá realizar o aboamento correspondente no número de conta ES23 0081 5363 2400 0114 9316 por importe de 18,65 €. No concepto deberá figurar: nome solicitante-matrícula-ano (exemplo: José Pérez-1234BBB-2021). O dito xustificante será enviado por correo electrónico a residentes@coruna.setex.es.
Unha vez recibido e comprobado, o/a usuario/a recibirá un correo electrónico coa confirmación da alta como usuario/a residente para o ano 2021 e poñeráselle á súa disposición a dita tarxeta, que lle será enviada a través de correo ordinario.
No caso de que a persoa usuaria non poida acceder por medios telemáticos deberá presentar persoalmente a documentación, obtendo cita previa no teléfono 881 123 938 e, unha vez comprobada esta, será avisarada telefonicamente, coa confirmación do dereito ou non á dita tarxeta. En caso afirmativo, deberá realizar o aboamento da taxa correspondente, e entregar o xustificante de ingreso. Unha vez recibido nas oficinas de tramitación, chamarase ao teléfono facilitado, coa confirmación de alta da súa tarxeta de residente, que será enviada a través de correo ordinario.
A entrega da tarxeta, distintivo de estacionamento de Uso de Residente, está supeditada ao cumprimento dos requisitos que se mencionan a continuación e ao pago da taxa correspondente.
O período de vixencia da tarxeta terminará o 31 de decembro de cada ano. A tarxeta do ano en curso deberá ir pegada na parte interior do parabrisas en lugar visible para a súa comprobación.
A tarxeta de residente non terá validez nos espazos de Uso Xeral.
Soamente a poderán adquirir as persoas físicas. Non existe un máximo de tarxetas por domicilio, nin por titular, coa condición de que se cumpran os requisitos que se enumeran a continuación, pódense solicitar as que se desexen (unha por vehículo):
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible