Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de noviembre de 2025

A avenida da Sardiñeira amosa xa a súa nova imaxe, que gaña en accesibilidade, espazos públicos de calidade e un novo carril-bici

A alcaldesa, Inés Rey, informou esta mañá de que o Concello está a traballar para habilitar a nova conexión coa avenida de Arteixo no primeiro trimestre do ano que vén

A alcaldesa, Inés Rey, supervisou esta mañá as melloras executadas polo Concello na avenida da Sardiñeira, onde xa se completou a reurbanización planificada polo Goberno municipal ao abeiro das obras de construción da nova estación intermodal.

Rey, acompañada hoxe polas concelleiras Noemí Díaz e Montse Paz, puxo en valor esta nova imaxe da avenida, onde se efectuou un investimento de 1,6 millóns de euros -cofinanciados con fondos Next Generation- co obxectivo de osixenar os espazos públicos, gañar en accesibilidade universal e, de paso, habilitar un novo percorrido de carril-bici que, no futuro, estará conectado coa avenida de Arteixo.

A reconfiguración da avenida da Sardiñeira é un dos piares que sustenta os plans de futuro do Executivo local no distrito dos Mallos, onde a futura estación intermodal -que aglutinará o tráfico ferroviario e a estación de autobuses- está a ser clave na remodelación dos espazos públicos do barrio e tamén a efectos de mobilidade.

Neste sentido, a alcaldesa lembrou que, recentemente, se cambiaron de sentido rúas como Mariana Pineda, Borrallón e Francisco Catoira, coa finalidade de gañar máis conectividade interna na Sardiñeira e facilitar o acceso desde as rúas externas ao interior do barrio. Ademais, e tras as conversas mantidas coa veciñanza, o Concello habilitou a posibilidade de xirar á esquerda cara á rolda de Outeiro en sentido de saída desde a Sardiñeira.

Ademais, na propia avenida da Sardiñeira xa está aberta á circulación a nova rotonda lindeira ao edificio Aliko e o novo viario da Agra dos Mallos. Por agora, só cun carril habilitado, xa que continúan os traballos nesta infraestrutura.

Avanzan os traballos de construción do viario coa avenida de Arteixo

Tamén hoxe, a rexedora informou de que o Concello está a avanzar a bo ritmo cos traballos de construción do novo viario que conectará a avenida da Sardiñeira e a avenida de Arteixo, a través da Agra dos Mallos.

Esta intervención, que supón un investimento engadido de 2,2 millóns, arrincou hai aproximadamente un ano e, de inicio, estimouse a súa conclusión en abril do 2026. Porén, a alcaldesa avanzou que se está a traballar co obxectivo de que a obra estea rematada no primeiro trimestre de ano, para facilitar a circulación e a mobilidade no distrito.

Cómpre lembrar que este novo viario, inexistente ata agora, permitirán absorber o tráfico específico da intermodal no seu acceso á cidade, o que axudaría a aliviar, por exemplo, o tránsito rodado pola avenida de Arteixo ao seu paso por Vioño.

Ademais, tal e como se informou tempo atrás, co modificado do proxecto da vía de dobre sentido, decidiuse desbotar a rotonda en óvalo que estaba previsto construír entre a avenida de Arteixo e a Agra dos Mallos, onde se habilitará unha intersección en T, regulada por semáforos, que facilitará a circulación dos vehículos.

En total, sumando os fondos invertidos na avenida da Sardiñeira e na construción desta nova vía, o Concello inviste 3,8 millóns no distrito dos Mallos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión