
Cada ano, as empresas transportistas, antes do 31 de agosto, deberán estar en posesión da correspondente autorización con carácter previo ao inicio do curso escolar, co obxecto de realizar o transporte escolar dentro do termo municipal da Coruña. As empresas de transporte deberán presentar a solicitude de licenza de transporte escolar, xunto coa seguinte documentación:
1. Rutas, facilitadas polos centros escolares
2. Horarios, facilitados polos centros escolares
3. Paradas*
4. A rede de rutas, paradas e horarios, que deberá entregarse nunha xeodatabase editable (formato GTFS OU SIMILAR), compatible, en calquera caso, cos sistemas de información xeográfica. Se non houbera variación nin de rutas nin de paradas con respecto ao curso 2024/25, só deberán presentar unha declaración de responsabilidade.
*No que respecta ás paradas, as empresas de transporte deberán presentar a seguinte documentación:
Os vehículos destinados a este transporte deberán presentar:
Para as empresas de transporte que presenten toda a documentación esixida, seranlles expedidas as correspondentes tarxetas de autorización. Para as demais, outorgarase un prazo de 10 días para a emenda de defectos.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible