Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tarxeta para estacionamento en lugares reservados para persoas con diversidade funcional

En que consiste?:

Tarxeta que permite estacionar ao seu titular, con calquera vehículo, nos espazos habilitados para o efecto e debidamente sinalizados horizontal e vertical.

Onde se fai?:

SOLICITUDE POR PRIMEIRA VEZ OU RENOVACIÓN

Rexistros Municipais:

María Pita, Franxa (obter Carta de Pago Taxas/ Prezos Públicos e Caixa Municipal), Ágora, Urbanismo, Mesoiro ou Oficinas de Rehabilitación na Estación de Autobuses ou Sede electrónica.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

REQUISITOS

  • Estar empadroado no concello da Coruña.
  • Ter recoñecidas dificultades de mobilidade que impidan o uso do transporte público colectivo ou unha discapacidade visual que implique un grao das limitacións na actividade igual ou superior ao 75%.

DOCUMENTACIÓN

  • Impreso de solicitude.
  • 2 fotografías tamaño carné recentes e orixinais.
  • DNI. En caso de menores de 14 anos que non dispoñan do mesmo, achegarase DNI da nai, do pai ou do titor legal.
  • Certificado do grao de discapacidade no que conste que ten recoñecida a imposibilidade de uso do transporte público, expedido polos Equipos de Valoración e Orientación - EVO.

RENOVACIÓN

É necesario presentar unha solicitude no Rexistro Xeral Municipal ou Sede electrónica achegando 2 fotografias recentes e orixinais. A valoracion da discapacidade, se a anterior non era definitiva.

RECOLLIDA DA TARXETA

Unha vez que o interesado recibe no seu domicilio a notificación da concesión da tarxeta, pode pasar a recollela na Sección de Circulación situada na planta baixa da Estación de Autobuses, rúa Cabaleiros nº 21 (Estación de Autobuses) achegando a seguinte documentación:

  • DNI do titular (orixinal)
  • Notificación da concesión.
  • Tarxeta anterior (no suposto de renovación).

A tarxeta só pode ser retirada de maneira presencial polo titular.

EXPEDICIÓN DE DUPLICADO POR DETERIORACIÓN, PERDA OU ROUBO

  • Impreso de solicitude (pódese recoller nas oficinas do Rexistro da área Económica Municipal ou descargar da páxina web: www.coruna.es).
  • DNI. En caso de menores de 14 anos que non dispoñan do mesmo, achegarase copia do DNI da nai, do pai ou do titor legal.
  • 2 fotografías tamaño carné.
  • Denuncia (no suposto de roubo ou perda).
  • Aboar a taxa establecida de 3 euros (Ordenanza Fiscal nº 1, epígrafe 1.12.2) en Caixa Municipal nos Servizos Económicos da rúa Franxa.

A citada documentación débese presentar nas oficinas do Rexistro da área Económica Municipal.

BAIXA DA TARXETA

  • Rexistro Xeral Municipal, xunto cunha solicitude de baixa.
  • Na propia oficina de Circulación na Estación de Autobuses.

VIXENCIA DA TARXETA

Vén determinada polo Certificado de Discapacidade

  • Certificado Definitivo: a tarxeta ten unha validez de 10 anos, ao termo dos cales hai que renovala.
  • Certificado Provisional: a validez do cartón é a mesma que a do certificado de discapacidade. Para renovala deberá presentar un novo certificado de discapacidade.
  • A tarxeta ten validez en todos os países da Comunidade Económica Europea.

Internet

Teléfono

Documentos relacionados

  • Lei 10/2014, do 3 de decembro (466 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión