Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
A protección da persoa consumidora está consagrada como un principio reitor da política social e económica, de forma que os poderes públicos garantirán a defensa das persoas consumidoras e usuarias, e protexerán, mediante procedementos eficaces a seguridade, a saúde e os lexítimos intereses económicos delas. Ademais os poderes públicos promoverán a información e a educación das persoas consumidoras e usuarias, fomentarán as súas organizacións e oirán a estas nas cuestións que poidan afectar.
Son dereitos básicos das persoas consumidoras e usuarias:
As persoas consumidoras nunca deben aceptar unha limitación ou exclusión dos seus dereitos, posto que gozan dunha especial defensa, ao entenderse que actúan en condicións de inferioridade respecto ao empresario.
Só son consumidoras e usuarias as persoas físicas ou xurídicas, que actúan nun ámbito alleo a unha actividade empresarial ou profesional.
É por iso necesario que unha das partes da relación de consumo sexa un profesional ou empresario actuando no marco da súa actividade empresarial ou profesional, polo que calquera conflito xurdido entre particulares non entraría dentro do ámbito de aplicación da normativa de consumo.
Non é unha relación de consumo a adquisición de bens ou servizos a outro particular.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible