1 de junio de 2021
Escola de Verán 2021
Realizouse un sorteo público nos locais da OMIC, para extraer dúas letras a partir das cales se ordenarán todas as solicitudes recibidas para a Escola de Verán 2021, unha letra para a primeira quenda e unha letra para a segunda quenda.
Para a presente convocatoria de verán 2021, as letras de ordenación, segundo sorteo celebrado o 4 de xuño de 2021 son as seguintes:
Todas as solicitudes recibidas ordenaranse alfabeticamente segundo a letra de sorteo, e asignaranse as prazas dispoñibles para a quenda seleccionada como quenda prioritaria. Asignarase unha única quenda por participante.
As prazas adxudicaranse por orde alfabética con preferencia para aqueles menores empadroadas/os no Concello da Coruña e e aqueles/as cuxos/as proxenitores/as estean ambos/as traballando, ou teletraballando no caso de familias monoparentais.
As solicitudes que, cumprindo todos os requisitos, non obteñan praza, pasan a formar parte da lista de espera, ordenada segundo letra do sorteo mencionado.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible